Restaurante El Coto
O mellor da tradición
O mellor da tradición
“Restaurante El Coto” naceu o 23 de xaneiro de 2008. Foi entón cando a familia Martínez Estévez decidiu fundar un restaurante na céntrica C/ Reza de Ourense, actualmente `El Coto’, rexentado por Carlos Martínez.
Un espazo dedicado ao mellor peixe e carne que pola calidade e frescura dos seus produtos e pola coidada elaboración dos seus pratos, pronto se posicionou como un establecemento de referencia en toda a capital.
Todos os pratos da nosa carta, os nosos menús ou a gran variedade de tapas que ofrecemos. Están elaborados cos mellores produtos de tempada para ofrecer o mellor da cociña tradicional galega.
Contamos con dúas salas e unha ampla oferta de menús para ti; Tamén se elaboran menús especiais a petición do cliente.
A calidade e a frescura dos nosos produtos sempre de tempada nos diferencian.
Contamos cunha ampla carta e múltiples menús, ademais dunha gran variedade de tapas e pinchos.
Organizamos todo tipo de eventos, comidas de empresa, celebracións e banquetes.
A nosa extensa carta de viños distínguenos pola súa gran ambición e aspiración á excelencia.